Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os cans cada vez teñen máis parques exclusivos para gozar sen ataduras

Os cans cada vez teñen máis parques exclusivos para gozar sen ataduras

Galicia é a quinta comunidade española en cans rexistrados oficialmente, cun total de 453.507 

Un can por cada seis galegos que demandan espazos de recreo libre

G24.gal 15/08/2026 17:11

En Galicia hai mais cans rexistrados que nenos menores de 14 anos. Somos a quinta comunidade de España con maior numero de mascotas rexistradas.  A cifra aumenta cada ano e a sociedade ten que adaptarse. Para facilitar a convivencia, as cidades habilitan zonas acotadas nas que as mascotas poidan socializar en semi liberdade.

Maia é a cadela máis coñecida no recinto canino do barrio de Eirís, na Coruña. Goza socializando cos cans veciños e a súa dona tamén.

Vemos tamén a chegada de Brilli, unha das últimas incorporacións a este parque. Foi adoptada hai pouco máis de un mes e os sus propietarios acuden a diario e aproveitan para lavala.

Zona de baño, fonte e valado protector son algúns dos equipamentos que require un bo parque canino, ademais de bo terreo para as carreiras. Algúns mesmo gozan de instalacións para exercicios 'agility'. Así se prevé para o parque de Vioño, que será o sexto na Coruña, a cidade galega con maior numero de áreas deste tipo. A aplicación Dogpark contabiliza 54 espazos exlcusivos para cans na nosa comunidade.

Para José e o seu border collie Fox este é un espazo imprescindible "porque este é un can de pastoreo, e se non o queimamos na casa chega a casa e anda detrás dos gatos pastoreando".

Todos coinciden nas vantaxes dos parques canincos para que os can socialicen. Os donos de cans procuran manter o seu espazo limpo, e en boa convivencia entres os animais.

En Galicia hai máis de 450.000 cans rexistrados. Un por cada seis habitantes. E a cifra aumenta cada ano segundo datos da Estatística Nacional sobre a Protección Animal. Hai máis cans que menores de 14 anos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar