Máis de 400 cans danse cita na exposición anual da Sociedade Galega Canina
Celébrase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Lugo acolle esta fin de semana unha cita moi esperada polos amantes dos cans. A xa tradicional exposición nacional e internacional organizada pola Sociedade Canina Galega
"O evento esta saíndo moi ben, podense ver máis de 400 cans dunhas 180 razas diferentes. Esta todo moi bonito, temos moquetas e trofeos", comenta Agustín Fontán, presidente da Sociedade Galega Canina e organizador do evento.
Pódense ver moitas razas: Mastín, Dogo Arxentino ou Rottweiler desfilar polas moquetas. Todos os cans teñen en común unha cousa: o cariño e a dedicación dos seus donos
"É un traballo laborioso, non só hoxe, tamen todo o que temos que facer na casa. É un traballo que facemos en familia", comenta o dono dun dos cans.
E o certo e que o evento atrae talento, algúns cans van de Lugo directos ao campionato do mundo. A entrada e gratuíta e ata mañá pola tarde todos os amantes dos cans teñen unha cita no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo