Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aprender a facer pan na casa está de moda

Aprender a facer pan na casa está de moda

Hai titoriais, vídeos e talleres presenciais ou virtuais como os de Mónica Prego

A divulgadora vai polo seu terceiro libro de masas tradicionais, desta volta, sen glute

Mostra do pan que se pode facer nun taller dunha tarde
G24.gal 12/09/2026 15:30 Última actualización 11/09/2026 21:10

Entramos nun dos talleres de Mónica Prego para aprender a facer pan na casa. Comezou de casualidade hai 4 anos cun taller solidario para facer roscón de Nadal. Daquela, desde o blog Pan de Broa. Mónica Prego transmite o seu namoramento das masas e dos procesos de elaboración do pan e das empanadas, sobre todo, con receitas galegas, con e sen glute. E anima a facelo un mesmo.

Facer un pan básico na casa é tan doado, explica, como mesturar fariña, auga, sal e levadura ou masa nai. En hora e media de repousos e amasados varios, a masa está preparada para darlle forma e conseguir un pan caseiro feito por un mesmo, que irá ao forno tras un derradeiro levedado.

O seu terceiro libro, Galicia sen glute, ten receitas galegas tradicionais adaptadas para celíacos. A saúde é outro aliciente para facer o pan na casa. ​​​​​​E anima a todo o mundo a poñerse mans á masa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade