Galicia é a comunidade que máis pan fresco consome por habitante
A panadería artesanal mantén o seu lugar no mercado
Os cambios xeracionais mudan moitas cousas, unha delas é o consumo de pan fresco. Segundo datos do Ministerio de Agricultura, na última década reduciuse un 25% de media en España: pasou dos 35 quilos por persoa ao ano en 2015 aos 27 en 2025.
No caso do pan envasado, no mesmo período o consumo non varía e mantense nos 6 quilos. Por franxas de idade, as persoas maiores de 65 consomen 43 quilos e as menores de 35 quedan nos 12.
Galicia é a comunidade que máis pan consome e sitúase cinco puntos por riba da media con 32 quilos por persoa ao ano. Tamén ocupa o primeiro posto no que se refire a gasto anual: 340 euros por habitante.
O pan galego, con indicación xeográfica protexida, goza dunha gran sona pola súa calidade. Os fornos tradicionais, que usan fariña do país e optan polo levedado lento, manteñen a esencia dun produto cada vez máis difícil de atopar fóra.