Un adegueiro envellece un albariño durante 15 anos a 20 metros de profundidade baixo unha batea na ría de Arousa
Un adegueiro envellece un albariño durante 15 anos a 20 metros de profundidade baixo unha batea na ría de Arousa
Un método de envellecemento con pouca luz e presión elevada dálle a este viño unhas características propias que non sempre se conseguen
Ningunha destas botellas sairá ao mercado, só uns poucos elixidos poderán probar unha das 1.200 botellas deste albariño de batea
Despois de máis de 15 anos repousando no fondo da ría de Arousa, as primeiras botellas dun albariño único saían á superficie.
"Acabamos de vivir unha cousa inesquecible, única, por suposto, exclusiva. Isto non vai volver pasar nunca", afirma o xerente de Discarlux.
"Aquí normalmente cando vimos non sabemos que imos atopar. Moitas veces de cinco, seis, dez botellas sae unha boa, ou ningunha, ou tres", asegura o adegueiro Rodrigo Méndez.
Durante todos estes longos anos as botellas permaneceron somerxidas baixo unha batea a 20 metros de profundidade.
Un método de envellecemento con pouca luz e presión elevada dálle a este viño unhas características propias que non sempre se conseguen. É o caso destas primeiras botellas.
Ningunha destas botellas sairá ao mercado, porque non están á venda. Só uns poucos elixidos poderán probar unha das 1.200 botellas deste albariño de batea.