Agárdase unha vendima histórica: máis cantidade e de calidade excelente
A colleita máis temperá que se recorda no Ribeiro comezou o pasado 123 de agosto
A denominación de orixe máis antiga de Calicia encara a recta final da recollida e xa entraron nas adegas máis de 6 millóns de quilos, máis da metade do total
As previsións son moi boas nas cinco DO galegas a Xunta calcula que se recollerán arredor de 81 millóns de quilos entre as Rías Baizas, O ribeiro, Monterrei e a Ribeira Sacra
Setembro é o mes forte da vendima nas cinco denominacións de orixe galegas, pero este ano foi excepcionalmente temperán.
E no Ribeiro por exemplo, xa superaron o ecuador da recollida. Nos viñedos de Viña Costeira xa están rematando. En xeral, hai máis produción ca o ano pasado e a calidade, disque, é excelente. Unha boa campaña que poder facer desta unha vendima histórica.
Despois de 14 días de intenso traballo, estas son xa as últimas uvas dos acios da variedade autóctona Treixadura que recollen nos viñedos propios da cooperativa do Ribeiro Viña Costeira.
"Unha vendima que vai ser bastante exitosa tanto a nivel cuantitativo como cualitativo", asegura Calros Alberte, o director técnico de Viña Costeira.
As chuvias da pasada semana axudaron a aliviar o estres das cepas, pero agora obrigan a apurar para evitar focos de podremia. Un traballo duro de horas ao sol que deixa ao descuberto falta de man de obra e remuda xeracional.
"Necesitamos contratar cuadrillas profesionais que veñen doutras zonas para poder frecoller en tempo e en forma toda a uva excelengte que temos", explica o director técnico da cooperativa do Ribeiro.
Paulino dirixe unha cuadrilla de nove persoas que veñen de Castela.
"Vimos de Tomelloso e vimos por un mes aquí a vendimar. Estamos por rematar, xa falta pouco", di Paulino rodríguez, vendimador profesional.
A denominación do Ribeiro, a máis antiga de Galicia encara así a recta final dunha colleita abondosa e a máis temperá que recordan.
"Recordo empezar a vendimar a finais de setembro, pero nunca en agosto", asegura Concha Iglesias Pousa, a presidenta do Consello Regulador da D. O. O Ribeiro.
Unha das arredor das 90 adegas que integran a denominación comezar por primeira vez a vendimar o día 12 de agosto.
Agora xa teñen máis da metade da produción recollida.
"Nos datos que me pasan xa entrearan case 6 millóns que quilos, co cal temos a previsión de que sexa un pouquiño maior que a do ano pasado cando se recolleron 8 millóns 100 quilos de uvas", asegura a presidenta do Consello Regulador de O Ribeiro.
E as previsións tamén melloran no resto das denominacións. Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei agardan máis uva que o ano pasado.
A Xunta calcula que se recollerán arredor de 81 millóns de quilos nas cinco DO galegas. De confirmarse, sería unha vendima histórica.