Desde 2022 pecharon en España 3.000 panaderías artesanais
O peche dos fornos deixa concellos e localidades con problemas para recibir cada día este alimento básico
A panaderia Jesús de Rodeiro, célebre por servir pan á Casa Real, prepara a remuda xeracional no medio da crise do sector
En España pechan cada día dúas panaderías artesanais, segundo datos facilitados polo propio sectro. Esas que usan fariñas de proximidade e fornos de leña e reparten en furgonetas polas zonas rurais, prestando un servizo indispensable, corren risco de desparecer por falta de remuda xeracional. En Galicia xa temos varios concellos nos que non coce o forno.
Nunha das panaderias máis célebres de Galicia, Suso Moreiras, neto do fundador da panadería Jesús de Rodeiro, toma os mandos para axudarlle á mai, que se xubila en setembro. Perdeu a conta de cantos concellos percorren as súas furgonetas. Van ao Carballiño, a Chantada, e ata Cea, porque ata na terra dos panadeiros onde houbo máis de 90 fornos, se nota a crise: apenas quedan 9.
Entre o gasóleo, a fariña, a leña do forno e a necesidade de contratar axuda, o negocio deixa cada vez menos marxe. E a profesión ten uns horarios difíciles para os que ás veces custa atopar man de obra.