Publicador de contidos

Publicador de contidos

A panadería galega máis antiga fai 150 anos

A panadería galega máis antiga fai 150 anos

A Pallares de Sarria, fundada en 1876, vai xa pola quinta xeración

Pilar e Antía representan as dúas últimas xeracións de panadeiras da Pallares
Félix Aragunde. Imaxe: Alberto Toja. 06/03/2026 21:31

Fundada en Sarria en 1876, hai 150 anos, a Pallares está considerada a panadería en activo máis antiga de todo o país. A actual xerente é, de feito, a tataraneta dos fundadores dun negocio familiar recoñecido recentemente con diversos galardóns, coma o Picadillo ou o Premio do Comercio Galego á traxectoria.

"Antigamente, a pesar do traballo que tiñan, a panadería nunca foi moi recoñecida, nin os panadeiros. Agora está empezando, coma a hostalería, a ter un pouco de peso", sinala María Pilar García Piñeiro, cuarta xeración da panadería Pallares. 

"Para nós, chegar aos 150 anos é un orgullo, pero para min tamén é unha gran responsabilidade e un reto", engade Antía Fernández, a actual xerente. 

Entre os diversos produtos que ofrece esta panadería centenaria destacan os pans artesáns en forno de leña ou os seus doces. Pero se por algo ten sona en toda a contorna é polas súa ampla variedade de empanadas, elaboradas con masa de pan.

"Sentímonos moi afortunados, porque todas as xeracións que nos precederon foron gardando todas as ferramentas e a maquinaria que usaban para facer o pan. Grazas a iso agora temos a sorte de poder expoñelas e ensinar cales foron os nosos inicios", explica Antía. 

Co gallo da celebración do seu 150 aniversario, a panadería máis antiga de Galicia prevé sorprender proximamente tanto a súa clientela como a toda a veciñanza de Sarria.

 

A panadería sarriá é famosa polas súas empanadas artesás A panadería sarriá é famosa polas súas empanadas artesás
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar