Cargando resultados...
O actual Mellor Cociñeiro de Galicia rexenta un negocio familiar en Guitiriz
Antón Castro tamén figura no listado de Cen Talentos Novos da Gastronomía Española
Representa a cuarta xeración de Casa Gaibor e ao tempo que agradece as distincións, asegura que o animan a continuar mellorando
G24.gal
12/09/2026 14:34
Antón representa a cuarta xeración dun negocio que comezou como casa de comidas.
Acaba de recibir en maio o título do Mellor Cociñeiro de Galicia, xusto o día despois de entrar na listaxe de cen talentos novos da gastronomía Española.
Como responsable da cociña de Casa Gaibor, en Guitiriz, Antón está orgulloso do seu equipo, agradece as distincións recibidas e asegura que só lle preocupa seguir mellorando.
Felicidade que se pode gozar sentado á mesa en Guitiriz.