Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta propón que gandeiros e agricultores poidan abater xabarís nas súas propiedades

A Xunta propón que gandeiros e agricultores poidan abater xabarís nas súas propiedades

Para poder facelo deberán ter licenza de caza 

O Goberno galego tamén adquiriu gaiolas máis grandes "para ver outras posibilidades de atracción"

G24.gal 05/03/2026 20:10

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anunciou que o seu departamento valora que agricultores e gandeiros, que teñan licenzas de caza "poidan abater xabarís dentro da súa propiedade", unha medida que se levará ao comité rexional de caza.

Ademais, a Xunta está a adquirir gaiolas de maior tamaño "para ver outras posibilidades de atracción", segundo indicou Ángeles Vázquez.

Máis de 80 mil exemplares en Galicia 

A conselleira de Medio Ambiente asegurou que "non existe unha solución máxica" para controlar a poboación de xabarís, que a Xunta estima en 82.000 e en 2,7 exemplares por quilómetro cadrado.

Ángeles Vázquez defendeu as medidas postas en marcha ata o momento, como a declaración da emerxencia cinexética e a compra de gaiolas a través de convenios cos concellos. "Agora temos que ir a máis"  instou e engadiu que xa foi mesmo "máis aló" das súas competencias cinexéticas ao tratarse do "bicho máis abundante da Península Ibérica".

A conselleira manifestou que tratan de "dar facilidades", a través dos comités, para que se implementen as diferentes modalidades de caza.

"Eu non podo obrigar a ninguén a levalo a cabo, pero si aqueles que queiran ir a man ou ao salto darlles distintas posibilidades para que vaiamos diminuíndoos de forma paulatina", expuxo Ángeles Vázquez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade