A campaña de Pemento de Herbón pecha coa metade da produción doutros anos
Cociñeiros con sona internacional participan como Estrelas Embaixadoras do Camiño na promoción do Pemento
A produción de pemento de Herbón agrupa un total de 24 colleiteiros na Denominación de Orixe Protexida. Ás portas da fin da campaña deste ano o balance apunta unha baixada na producción.
"Eu calculo que ben un 50 % menos que outros anos", di unha produtora.
A meteoroloxía irregular con moita chuvia na primavera e moita calor no verán está detrás detsas cifras.
"Un día viña un día de temperaturas moi altas. Despois non tiñas pementos. A calor tan forte faille mal á planta", explica unha produtora.
Unha escaseza de pemento que ten o seu efecto no prezo.
"Sempre por riba dos tres euros. Mesmo agora levamos semanas véndendo a 4 ou 4,60 euros", di o distribuidor, Miguel Cotelo Naya.
Prezo de distribución que se eleva para o consumidor e para a hostalería. Ata 8 euros por ración ou por unha bolsa de menos de medio quilo na tenda. Con todo segue sendo un dos produtos máis demandandos na carta.
"A xente pide os pementos de Padrón. Temos clientes de aquí e de fóra", asegura un hostaleiro.
Un potencial gastronómico que se busca promocionar con grandes nomes da cociña internacional que participan na iniciativa solidaria Estrelas Embaixadosras do Camiño.
"Eu quedou cos produtos que son bos e custean menos cartos. Os máis humildes coma o pemento", defende o cociñeiro Jordi Cruz.
Camiño e gastronomía para ir facendo boca de cra ao Xacobeo 2027.