Publicador de contidos

Publicador de contidos

Padrón celebra a súa popular Festa do Pemento de Herbón

Padrón celebra a súa popular Festa do Pemento de Herbón

A deste ano é a 45ª edición da festa

Cociñan máis de 3.000 racións de pementos para repartir entre todos os asistentes

G24.gal 02/08/2025 15:23

É un dos reis das tapas e tamén un indispensable nos fogares dos galegos. O pemento de Herbón vístese hoxe de gala, pois celébrase o seu día. Unha festa en que se exalta un dos produtos galegos máis destacados. Un produto con sorpresa, iso si, pois ata que se introduce na boca non se sabe que vai pasar. Agora ben, polo xeral que prefire a xente: que pique ou que non?

"Que piquen, e que piquen ben", asegura un home.

"Gústame que piquen, pero non todos. Se vas comer 20 pementos, que piquen 2 ou 3", afirma un asistente.

Hai quen sabe incluso diferencialos pola cor ou pola forma do propio pemento.

Unha das actividades máis destacadas de toda a festa é a súa particular procesión agrícola, na que os pementeiros sacan os seus tractores de colleita preparados completamente para a ocasión.

"Hai xente que o 'curra' moitísimo, moitísimo. Pasámolo xenial. O que gaña, normalmente, gasta o premio para o churrasco da noite e, nada, moita troula", comenta unha muller.

Unha xornada festiva en Herbón en que se repartirán máis de 3.000 racións de pementos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade