Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Grupo Lence saltará ao negocio da comida preparada e venderá alimentos nos supermercados

O Grupo Lence saltará ao negocio da comida preparada e venderá alimentos nos supermercados

O grupo lugués tamén lanzará a principios de 2027 iogures e quefir elaborados con leite ultrafiltrado

Outra empresa galega, a pontevedresa Coosy, abrirá puntos de venda en El Corte Inglés e unha tenda en Lisboa

G24.gal 14/10/2026 14:47

O grupo Lence, un dos grandes do sector lácteo, amplía negocio. A histórica empresa de Lugo saltará ao mercado dos alimentos preparados. Lence xa está instalando a maquinaria para empezar a producir, a partir de xaneiro, comida que se venderá nos andeis dos supermercados.

A presidenta da compañía explica que se tratará de produtos baseados no leite, como poden ser lasaña ou croquetas, pero de maior valor engadido, como recomendaba esta mesma semana a patronal estatal, a Federación Nacional de Industrias Lácteaas, Fenil.

"Estamos emprendendo dentro da nosa empresa, creando por unha parte unha empresa de comida preparada para vender nos supermercados, que é un produto de tendencia. E estamos tamén iniciando unha liña de quefir e iogur cremoso, todo isto baseado en leite ultrafiltrado", adianta a presidenta do grupo, Carmen Lence.

O mesmo día que soubemos do salto de Lence, outra empresa galega, tamén dirixida por unha muller, revela que saltará a novos mercados. A firma de moda Coosy, creada hai só quince anos en Pontevedra, chegou a un acordo para establecer puntos de venda en El Corte Inglés. Ademais, en 2027 dará un paso máis ao abrir a súa primeira tenda internacional propia, que se estreará en Lisboa.

"A partir de agora empezamos o crecemento, un crecemento sostido. Agora entramos no Corte Inglés e logo cunha tenda en Portugal, en Lisboa, e de aí xa un crecemento internacional", adianta a fundadora e directora de Cossy, Virginia Pozo.

Cossy e Lence falaron dos seus exemplos no décimo congreso da asociación Empresarias Galicia. Cada vez son máis pero aínda son poucas.

"Hai moitísimo talento feminino que non sae contar o que fai, porque nos custa contalo, e o noso traballo é precisamente forzar, dalgún xeito, as mulleres a que o conten", explica Gala Llano, a presidenta de Empresarias Galicia.

Porque os datos din que hai poucas mulleres que leven o volante nas grandes empresas en España. De feito o ano pasado a proporción baixou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos