Presentan 100.000 sinaturas no Congreso para prohibir o sacrificio dos poliños macho
35 millóns de poliños macho son sacrificados cada ano en España nas primeiras horas de vida
Non poñen ovos, e tampouco resultan rendibles para a produción de carne
35 millóns de poliños macho son sacrificados cada ano en España nas primeiras horas de vida. Non poñen ovos, e tampouco resultan rendibles para a produción de carne. Para acabar con esta práctica, a organización Igualdade Animal levou ao Congreso máis de cen mil sinaturas.
Nas pequenas explotacións galegas non se produce esa selección entre poliños macho e femia. Faino a industria. E á granxa xa chega seleccionada a galiña poñedora.
Esa selección é o que sucede coa raza de galiña poñedora. Que non é o caso de Rafael. Dedícase a criar galiña de Mos, un tipo do que se aproveitan poliños machos e femias. As galiñas para ovos. E os polos para carne.
Para acabar coa práctica de sacrificio dos poliños macho, as asociacións como a que presentou as sinaturas no Congreso piden que se permita o sexado no ovo, que detecta o sexo do embrión antes de que o poliño chegue a nacer.