Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extirpan un tumor de 1,3 quilos a unha muller grazas á Fundación Diego González

Extirpan un tumor de 1,3 quilos a unha muller grazas á Fundación Diego González

A paciente viaxou desde O Perú para que a operase o cirurxián coruñés 

Había dúbidas de se resistiría unha viaxe tan longa, pero finalmente todo saíu ben e doutor e doente reencontráronse este xoves 

O doutor Diego González saúda a muller á que operou
G24.gal 16/04/2026 16:08

 Clara, unha muller peruana, tiña un tumor de 1,3 quilos que, entre outros problemas, lle impedía respirar con normalidade.

Trátase dun caso moi complexo que tivo un final feliz. 

Este xoves, Clara e o doutor Diego González Rivas, acabado de chegar de Liberia, reencontrábanse na clinica madrileña onde a muller se recupera da operación que lle realizaron a semana pasada.

A situación da doente era moi delicada

A situación da doente era moi delicada, case non podía respirar e incluso houbo dúbidas de se podería resistir unha viaxe dende O Perú ata Madrid. No seu país non habia capacidade para operala e o seu fillo púxose en contacto coa Fundación Diego Gónzalez Rivas. 

Clara aguantou o voo e unha operación complexa realizada por un equipo multidisciplinar no que tamén participou outro galego, o cirurxián vascular Ignacio Lojo.

Case recuperada, xa ten ganas de regresar á súa casa, ao seu pais, a gozar da vida que recuperou grazas á Fundación Diego González

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade