Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan como reducir o chumbo para poder extraer de novo volandeira na ría de Vigo

Investigan como reducir o chumbo para poder extraer de novo volandeira na ría de Vigo

Estudaranse os factores biolóxicos que inflúen na bioacumulación do metal nesta especie 

Imaxe cedida polo Instituto Español de Oceanografía Imaxe cedida polo Instituto Español de Oceanografía
G24.gal 25/02/2026 19:53

Recuperar a extracción da volandeira (Aequipecten opercularis) na ría de Vigo e afondar no coñecemento dos elevados niveis de chumbo é a finalidade do proxecto Volaria; unha iniciativa na que participan o Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC), a Asociación de Marisqueo a Flote Ría de Vigo e persoal do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), do Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) e da Universidade de Vigo.

Este proxecto permitirá estudar os factores biolóxicos que inflúen na bioacumulación de chumbo pola volandeira e identificará os factores físico-químicos que están a provocar niveis altos de chumbo na ría de Vigo, segundo explicou este mércores nun comunicado o IEO.

Recollida de mostras todos os meses 

Esta semana comezaron a tomarse mostras de volandeira, que se realizarán mensualmente durante un ano, para estudar se existen variacións da concentración deste metal co ciclo gonadal. En maio está prevista unha mostraxe de sedimentos e volandeiras en distintas zonas da ría para determinar, mediante o uso de isótopos estables, a orixe do chumbo.

Desde comezos de xaneiro tamén se están recollendo todas as semanas mostras de auga. Ademais colocáronse sensores de metais en bateas, que permanecerán operativos durante todo o ano coa idea de estudar a variación temporal e espacial do chumbo.

O bivalvo leva anos sen poder comercializarse 

A volandeira leva anos sen poder extraerse nin comercializarse na ría de Vigo ao presentar concentracións de chumbo superiores ao límite legal establecido. Esta situación responde a unha particularidade fisiolóxica desta especie que favorece a acumulación de chumbo en forma de gránulos nos riles e tamén á persistencia de contaminación histórica asociada a antigas actividades industriais no interior da ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade