A Mariña convértese no principal centro de produción de sementes de bivalvos de Galicia
As instalacións do Vicedo teñen capacidade para criar cada ano máis de tres millóns de unidades de ameixas e outras especies
Alfonso Rueda destaca a importancia de contar con sector forte e competitivo
Do Vicedo saen as sementes de ameixa que axudarán a repoboar os bancos marisqueiros. A Xunta destina case 23 millóns á recuperación dos bancos afectados polos temporais.
"Estas sementes son para volver a plantar e conseguir que se recuperen os bancos e que volvan a supoñer riqueza ", asegura Alfonso Rueda.
As instalacións da Mariña teñen capacidade para criar cada ano máis de tres millóns de unidades de ameixas e outras especies. Rueda di que o goberno galego seguirá traballando para "que a pesca e o marisqueo siguan sendo fonte de riqueza e orgullo. Non se entendería Galicia sen o seu marisco, é unha das cousas que máis nos recoñece fóra".
O criadeiro vai compaxinar a produción de semente coa investigación mariña co obxectivo de conseguir un sector marisqueiro máis competitivo.