As mariscadoras de Muros ofrecen rutas guiadas sobre o marisqueo
Turistas e veciños coñecen os segredos da profesión e mesmo poden usar o rastro
Na ría de Muros e Noia pódese ser mariscadora por un día. As mariscadoras de Muros ofrécenlles aos turistas e tamén aos veciños unhas rutas para aprenderlles como apañar o berberecho e a ameixa. Ademais, tamén lles ofrecen información sobre lugares pouco coñecidos da zona.
As mariscadoras a pé de Muros son unha imaxe moi captada polos turistas. Pero ao lonxe.
Pero agora poden miralo desde dentro.
Adela Lestón. Senda Salgada (Muros)
"A visita empeza no muíño de mareas e falamos dos barcos" di Adela Lestón, de Senda Salgada.
"Hai barcos co nome da casa, dos irmáns..."
"Despois imos ao peirao e ven as mariscadoras en directo"
"Dedicámonos a dous tipos de mariscos: berberecho, que é branco e moi fácil de indentificar. Esta é a ameixa xaponesa"
"Hai rastros, caldeiros..."
"Chamámoslle rastro. Deixámosllelo usar. Asústanse un pouco do que pesan", di María Lago, de Senda Salgada.
"Miña avoa foi mariscadora. O neno así coñece o sector onde traballa a avoa"
"-Gustouche? -preguntámoslle- Si?"