Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cabichas son un dos residuos máis numerosos e contaminantes na natureza

As cabichas son un dos residuos máis numerosos e contaminantes na natureza

Estes restos que deixan atrás os fumadores poden tardar ata unha década en descompoñerse

G24.gal 21/04/2026 14:28 Última actualización 21/04/2026 14:44

Cada día tíranse ao chan en España uns 60 millóns de cabichas. O tratamento deste residuo é todo un reto. E nos Países Baixos, o Goberno estalle reclamando á industria tabaqueira que asuma o custo total da súa recollida. 

Representan o 40 % dos residuos que se recollen na rúa. "Hai que tiralas onde se deben tirar. O certo é que falta civismo", é o comentario máis común na rúa.

Un custo de limpeza que pagan todos os cidadáns a través de impostos. E é que hai fumadores para os que o cómodo é botalo ao chan alí onde estean. Aínda que non todos. 

"Eu nunca as tiro ao chan. Aínda que sexa, gárdoas no peto ata que atope un lugar axeitado para desfacerme delas".

En Vigo son pioneiros nunha programa de recollida e reciclaxe de cabichas en colaboración cos hostaleiros. Hai que botar os restos nun cinceiro especial, almacénanse nun balde, e cando está cheo veñen por el. 

"Hai moitos que aínda non están concienciados e tiran a cabicha ao chan. Pero pouco a pouco vano facendo. Levántanse, tiran a cabicha no seu sitio, logo nós baleiramos, e cando o caldeiro está cheo, chamo e recólleno", comenta un hostaleiro da cidade.

Son un dos residuos máis abundantes e contaminantes na natureza, que pode tardar ata unha década en descompoñerse. Billóns de cabichas acaban cada ano en montes, ríos e océanos, cun tremendo custo medioambiental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade