Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio en Padrón arrasa 80 hectáreas, obriga a desaloxar unha vivenda e provoca cortes de luz

Un incendio en Padrón arrasa 80 hectáreas, obriga a desaloxar unha vivenda e provoca cortes de luz

Mobilizáronse polo momento 1 técnico, 12 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións

Tres avións anfibios e un helicóptero do Ministerio para a Transición Ecolóxica incorporáronse xa ao dispositivo

Europa Press
G24.gal 12/06/2026 18:00 Última actualización 12/06/2026 23:13

 Un incendio activo no municipio de Padrón (A Coruña) arrasou xa máis de 80 hectáreas nesta tarde de venres. Segundo informa Medio Rural a Europa Press, o lume iniciouse sobre as 16:00 horas na parroquia de Herbón. Para a súa extinción mobilizáronse polo momento 1 técnico, 12 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.

Tres avións anfibios e un helicóptero do Ministerio para a Transición Ecolóxica incorporáronse xa ao dispositivo. Este departamento do Goberno subliñou que traballan xa de xeito coordinado co operativo posto en marcha pola Xunta.

Segundo o concello, rexístranse cortes de subministración eléctrica nas parroquias de Herbón e de Iria, e unha vivenda tivo que ser desaloxada por rpecaución.

 

Concello de Padrón Concello de Padrón

A columna de fume é visible desde as aforas da cidade de Santiago. Todo iso nunha xornada en que hai activas alertas por calor na comunidade galega.

Segundo o concello, rexístranse cortes de subministración eléctrica nas parroquias de Herbón e de Iria, pero neste momento non hai vivendas afectadas nin hai que lamentar danos persoais. 

Tamén se están a producir incidencias na cobertura telefónica e nos servizos de datos móbiles. A situación é complicada, xa que a orografía do lugar complica os traballos de extinción. Os responsables municipais recomendan realizar desprazamentos innecesarios.

Incendio en Padrón (TVG) Incendio en Padrón (TVG)

O alcalde de Parón, Anxo Arca, permanece na zona, en contacto cos serizos de emerxencia. Arca, explicou a Europa Press que, por mor do incendio tivo que ser desaloxada unha vivenda onde residen tres persoas, aínda que subliña que é un paso que se dá "por precaución" e espera que sexa temporal e poidan regresar canto antes.

O rexedor destacou que hai "moitos medios traballando" desde o primeiro momento para tratar de atallar o lume. Entre as principais dificultades apuntou á orografía do terreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade