Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activan o protocolo ante a posible chegada a Galicia de calixe africana

Activan o protocolo ante a posible chegada a Galicia de calixe africana

Advirte de que a calidade do aire pode empeorar este xoves en determinadas zonas da provincia de Lugo e de Ourense

Calixe de po sahariano sobre a cidade de Santiago. Arquivo. Europa Press Calixe de po sahariano sobre a cidade de Santiago. Arquivo. Europa Press
G24.gal 25/02/2026 20:28 Última actualización 25/02/2026 20:53

A Dirección Xeral de Saúde Pública activou o protocolo de actuación ante a posible chegada a Galicia de partículas en suspensión procedentes do norte de África.

De acordo cos modelos preditivos da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, isto pode provocar que en determinadas zonas de Galicia (sobre todo na provincia de Ourense e Lugo) a calidade do aire empeore polo aumento das concentracións de partículas en suspensión.

Por este motivo, e para reducir o seu posible impacto na saúde, o departamento de Saúde Pública recomenda, ata que este episodio finalice, limitar as actividades ao aire libre, como o exercicio intenso. Tamén recomenda pechar as portas e xanelas para evitar a entrada de po nos domicilios e usar máscaras e lentes en exteriores.

A poboación que pode verse máis afectada pola mala calidade do aire, debido á elevación das partículas en suspensión, son as persoas con enfermidades pulmonares ou cardiocirculatorias, principalmente asma ou EPOC, os anciáns, nenos e embarazadas.

A situación actual e a localización dentro da xeografía galega do nivel e tamaño da partículas, así como a predición da posible chegada nos próximos días pódese consultar na páxina web de Meteogalicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade