Dous novos focos de vertidos fecais no río Gafos en Pontevedra
Levan días contaminando o leito do río sen que ninguén faga nada
O río Gafos en Pontevedra está constantemente amenazado. A última agresió é unha vertedura de fecais en polo menos dous puntos, á altura da Ponte do Couto.
As tubaxes rotas levan varios días vertendo nun río que antes estaba cheo de troitase reos e no que aínda se pesca.
A escasos metros da estación intermodal de Pontevedra está o río Gafos, un enclave que podería ser marabillosos e está absolutamente degragado. O último golpe recibiuno hai días cando as vellas tubaxes de fecais que discorren por dentro da canle volveron romper deitando auga suxa no río.
No río hai tamén árbores caídas que non se dan retirado e moito lixo tecnolóxico e entullo de obra procedente dun poboado asentado aquí durante varios anos. Nas inmediciacións hai unha pequena ponte medieval que deputación e concello están pensando restaurar.
O máis grave é a situación de saneamento do río, a solución óptima sería facer unha canalización nova, mellor feita fóra do leito do río para que fose case imposible que as verteduras rematasen nel.
A canalización a renovar tería uns dez quilómetros desde Vilaboa. O cambio xa estaba presupostado e contratado polo concello de Pontevedra, con tal mala sorte que a empresa quebrou hai preto de catro anos.