Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha colisión múltiple na A-54 en Santiago deixa polo menos un ferido

Unha colisión múltiple na A-54 en Santiago deixa polo menos un ferido

O sinsitro, con ata cinco vehiculos implicados, ocorreu contra ás 13 horas na parroquia de Lavacolla

G24.gal 21/02/2026 14:24

Un accidente na autovía Lugo-Santiago (A-54), que ocorreu na contorna da parroquia de Lavacolla na capital galega con varios coches implicados, deixou polo menos a unha persoa ferida.

O sinistro ocorreu no quilómetro 88 da autovía en dirección Lugo ao redor das 13.00 horas. Desde o 112 aínda non confirmaron o número de persoas feridas. Con todo, un dos alertadores, que asegurou ser un dos implicados, informou de que o seu compañeiro está ferido.

Ata o lugar desprazáronse persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e efectivos da Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade