Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe ao persoal xubilado da área sanitaria de Ourense

Homenaxe ao persoal xubilado da área sanitaria de Ourense

O Teatro Principal acolleu un emotivo acto de tributo a máis dun cento de profesionais

Evocaron aqueles primeiros anos e como cambiou, desde entón, a atención sanitaria

G24.gal 21/02/2026 14:32 Última actualización 21/02/2026 15:19

O público do Teatro Principal de Ourense é hoxe o protagonista da función. Un acto que premia os anos de servizo en profesións que se caracterizan pola súa entrega e vocación.

"Vouche dicir a verdade: para min, o meu centro de saúde é a miña segunda casa. Eu queríao moito, pero moito, moito", asegura Juan Fernández, enfermeiro do centro de saúde da Ponte.

Os compañeiros e tamén os pacientes, di Juan, é o que máis vai botar de menos. Un sentimento común entre os que traballaron na atención primaria.

"Acabamos coñecendo os pacientes polo seu nome, os seus problemas médicos, persoais, familiares, económicos, sociais... e acábase establecendo unha relación moi próxima", conta Floren Vale Iglesias, enfermeira de atención primaria.

Un acto emotivo e tamén evocador, no que afloraron os recordos daqueles primeiros anos, cando os medios eran moitos máis limitados.

"A revolución foi tecnolóxica: a capacidade de diagnóstico, de pedir probas. Cando empezamos só tiñamos as mans e o fonendoscopio. Hoxe podes pedir TAC, resonancias magnéticas, analíticas antes impensables...", explica Carlos Revuelta, médico do centro de saúde do Barco.

Música e aplausos para un colectivo que non sempre obtén o recoñecemento que merece.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade