Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un autobús escolar impacta contra a capela de San Roque en Boborás

Un autobús escolar impacta contra a capela de San Roque en Boborás

O vehículo saíu da vía en Pazos de Arenteiro tras, posiblemente, esquivar un animal

O autobús cubría a ruta ata o IES Manuel Chamoso Lamas, e a condutora viaxaba soa no momento do accidente

 

G24.gal 19/02/2026 12:55

O paso dun animal podería estar detrás do accidente que esta mañá rompeu a tranquilidade de Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás. Un autobús escolar saíu da vía e acabou impactando contra a capela de San Roque.

"Estabamos alí e escoitamos pitar o autobús. Pensabamos que era algún neno que quedara durmido e non lle fixemos moito caso, pero, claro, logo xa vimos que o autobús estaba ‘enganchado’ á capela", aclarou unha testemuña.

O sinistro produciuse a falta de 15 minutos para as 8 da mañá. Nese intre non viaxaban nin alumnos nin acompañante. Unha ambulancia atendeu a condutora, afectada das cervicais e trasladouna ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

O traballador que presenciou o sinistro dixo da condutora que "estaba moi nerviosa e estaba chorando. Estaba media bloqueada polo tema do impacto e falei con ela, e díxome que se lle cruzara un animal. A condutora quixo frear e foise contra a caseta".

O autobús cubría a ruta ata o IES Manuel Chamoso Lamas, no Carballiño. A consecuencia do accidente, catro alumnos víronse afectados por atrasos no transporte escolar debido a que o vehículo quedou avariado. A capela, pola súa banda, non sufriu danos de consideración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade