Cargando resultados...
Na A-6, en Baralla, traballan para retirar o camión que envorcou o domingo
O tráfico dirección A Coruña está a ser desviado pola Nacional VI
G24.gal
16/02/2026 15:25
Na A-6, en Baralla, traballan para retirar o camión que envorcou na vía na mañá do domingo. O tráfico dirección A Coruña está a ser desviado pola Nacional VI. Primeiro descargouse o vehículo que transportaba produtos cárnicos e a carga trasladouse a outro camión.
Baleiralo facilita o seu izado, o camión é de grandes dimensións, con cinco eixes. Na zona xa está o guindastre de gran tonelaxe que vai realizar a operación.
Nese treito xa había restricións de tráfico porque tamén está pechado o túnel de Neira tras o desprendemento hai uns días da lona impermeabilizante.