Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión complica a circulación na A-6 tras envorcar preto do túnel de Neira

Un camión complica a circulación na A-6 tras envorcar preto do túnel de Neira

O condutor do vehículo quedou ileso

Haberá que utilizar un guindastre de alta tonelaxe para retirar o vehículo

G24.gal 15/02/2026 17:46 Última actualización 15/02/2026 20:38

Un camión envorcou na A-6 en Lugo, ao seu paso por Baralla, xusto no desvío que se tivo que habilitar polos problemas no túnel de Neira de Rei. 

Por causas que aínda se descoñecen, o condutor perdeu o control do camión e terminou envorcado.

Trátase dun vehículo de matrícula lituana que transportaba produtos cárnicos.

Malia a aparatosidade do accidente, o único ocupante do vehículo non quedou ferido.

Sen dúbida o tamaño do camión, que ten cinco eixes, dificultará a súa retirada, un traballo para o que será necesario un guindastre de alta tonelaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade