Cargando resultados...
Un accidente na ponte de Rande causou importantes atascos na AP-9
Tres coches bateron en cadea e cando circulaban polos carrís centrais da ponte en dirección a Pontevedra
G24.gal
19/02/2026 16:36
Un accidente en cadea na ponte de Rande colapsou este xoves o tráfico na AP-9 en sentido Santiago.
Tres turismos víronse involucrados nun sinistro por alcance que tivo lugar contra as 15:30 nos carrís centrais da ponte, en dirección Pontevedra.
Ninguén resultou ferido, segundo o 112 Galicia, pero o tránsito viuse interrompido e o atasco foi crecendo tanto cara a Tui como cara a Vigo, con centos de vehículos parados no medio da autoestrada ou avanzando moi lentamente.
Ata o lugar desprazouse tanto a Garda Civil de Tráfico como Protección Civil de Moaña para tratar de poñer fin ao caos que se apoderou da autoestrada.