Publicador de contidos

Publicador de contidos

O traspaso da AP-9 a Galicia provoca un tenso debate no Senado

O traspaso da AP-9 a Galicia provoca un tenso debate no Senado

A Cámara Baixa aproba unha moción do PP para esixir do Goberno un cambio de titularidade para abaratar as peaxes

G24.gal 18/02/2026 14:40

Circular pola AP-9, que vertebra Galicia de norte a sur, cústalles este ano aos condutores un 5% máis. O traxecto entre Ferrol e Tui supera xa os 28 euros. É unha das autoestradas máis caras de España.

O Parlamento de Galicia, coa unanimidade de todos os grupos políticos, vén reclamando do Goberno o rescate da concesión e a transferencia da titularidade desta vía. Insisten en que subir a barreira ten que ser de balde.

"A concesionaria fai caixa a conta do peto dos galegos. O Goberno ten que iniciar de inmediato a tramitación da anulación da prórroga da AP-9", di a senadora Carme da Silva do BNG.

"Galicia non merece seguir soportando as peaxes máis altas de España mentres o goberno presume de sensibilidade territorial", xustifica o popular José Manuel Balseiro. 

Pero o Goberno defende o sistema de bonificacións e fala de custos desproporcionados. Cre que a transferencia sería irresponsable.

"Fomentar o debate cos informes técnicos necesarios  e non unha decisión simplificada que podería xerar frustación e custos públicos desproporcionados", responde o senador Manuel Mirás Franqueira.

E cifran en mais de 80 millóns de euros o custo das actuais bonificacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade