Os controladores aéreos de Alvedro e Peinador, en folga indefinida a partir do 17 de abril
Protestan pola sobrecarga de traballo e as condicións laborais da empresa Saerco, a concesionaria do servizo
A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) e CCOO convocaron a partir do 17 de abril unha folga indefinida para denunciar "a falta de persoal, a deterioración das condicións laborais e o seu impacto na seguridade operacional", da empresa de navegación aérea Saerco, a concesionaria do servizo. A protesta Galicia afecta os aeroportos da Coruña e Vigo.
A empresa xestora do aeroporto, Aena prevé que para o aumento do tráfico aéreo en Alvedro, polo peche da Lavacolla durante 35 días, que Saerco dimensione "os recursos con base na operativa", explicou o director dos Aeroportos do Grupo II de Aena, Raúl Moya.
"Estamos á espera de que se decreten cales son os servizos mínimos que garantan o servizo" durante a folga, precisou Moya.
Sobre o aumento de voos no aeroporto de Alvedro, sinalou que as compañías decidiron mover á Coruña a maioría dos previstos en Santiago de Compostela, aínda que algún se trasladada a Vigo, onde haberá un reforzo da conexión con Barcelona.