Publicador de contidos

Publicador de contidos

Puente anuncia a intermodal de Lugo para xuño pero non pon prazo para rematar a A-54

Puente anuncia a intermodal de Lugo para xuño pero non pon prazo para rematar a A-54

O ministro fixo o avance nunha resposta na sesión de control ao Goberno no Senado

Estado das obras en setembro de 2025 Estado das obras en setembro de 2025
G24.gal 07/04/2026 18:51

O ministro de Transportes dixo este martes que a estación intermodal de Lugo inaugurarase o próximo xuño. Puente fixo este anuncio durante unha resposta na sesión de control no Senado a José Manuel Balseiro, do PP, quen lle reprochou a falta de infraestruturas na provincia lucense e en especial a falta de execución dos investimentos previstos para construír a autovía A-74 (Autovía da Mariña).

Segundo Balseiro, os plans para esa autovía están "igual que en 2018", o último ano de goberno do PP, salvo por aprobar un trazado a principios de 2025 similar ao que xa previra o seu partido cando gobernaba, pero ademais recortado en varios quilómetros.

Puente respondeulle que non é certo que estean igual os proxectos, xa que en 2025 pasou a fase de información pública o subtramo O Carme-Barreiro para a A-74, e agora está en fase de alegacións previo á aprobación definitiva. Ademais, o subtramo O Carme-Foz está en fase de redacción e o de Foz a Burela xa superou a información pública e terá pronto a aprobación definitiva.

A continuación referiuse a outras infraestruturas de transporte en Galicia, e alén de anunciar a inauguración da estación intermodal de Lugo en xuño, á que acudirá, tamén dixo que proximamente irá tamén ao fin de obra da autovía A-54 Lugo-Santiago, a mesma que, dixo ao PP, "vostedes deixaron empantanada".

Tamén subliñou a investimento de 500 millóns de euros na conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense cuxas obras concluirán en 2026 grazas ao Ministerio de Transportes, aínda que a promesa a fixo con cargo á Xunta Alberto Núñez Feijóo en 2009, pero, engadiu Puente, nunca a cumpriu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade