Publicador de contidos

Publicador de contidos

A estación intermodal de Lugo acumula atrasos

A estación intermodal de Lugo acumula atrasos

Nos próximos días está previsto que reabran os accesos á zona

G24.gal 15/07/2026 14:24

A nova estación de tren da intermodal de Lugo vai con atraso. Era para abrir a finais do mes pasado, pero de momento non hai data. Si se reabrirán ao tráfico nos próximos días os accesos á zona.

É algo que os veciños celebran porque din que lle "vai dar moito máis traballo a todos os locais, só falta que inauguren", comentan.

Quédalles outra preocupación: Lugo ten poucas frecuencias de tren e as obras de electrificación cara a Ourense obrigan a que parte dos traxectos se fagan en autobús. Pero a complexidade técnica dos traballos non permite polo momento avanzar datas de finalización.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade