Publicador de contidos

Publicador de contidos

A intermodal de Ourense terá por fin unha marquesiña, logo de anos de reclamacións

A intermodal de Ourense terá por fin unha marquesiña, logo de anos de reclamacións

A pérgola terá uns seis metros de altura e 32 metros cadrados de superficie para resgardar os usuarios

TVG TVG
G24.gal 26/08/2026 15:34

A intermodal de Ourense terá por fin unha marquesiña para que poidan resgardarse os usuarios. Foron catro longos anos de reclamacións por parte dos taxistas de Ourense e dos usuarios desta estación intermodal. No verán as temperaturas extremas facían que a espera fora a pleno sol soportando calores extremas, no inverno todo o contrario, aterecidos polo frío.

A pérgola terá uns seis metros de altura e 32 metros cadrados de superficie para resgardar os usuarios de esta intermodal cando agarden polo taxi.

As obras comezaron o venres pasado e esta marquesiña será substituída por outra cando rematen as obras da segunda fase desta intermodal de Ourense, que contan cun investimento previsto de 115 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade