Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fisterra busca peixeiros

Fisterra busca peixeiros

No mercado municipal de Fisterra queda un único posto onde adquirir peixe de baixura da zona

A Consellería do Mar acaba de remodelar os postos con fin de que outros vendedores se animen

G24.gal 20/10/2026 14:40

Nunha vila ao pé do mar, como Fisterra, moitos nin imaxinarían que no mercado queda só un posto de peixe. Porque, malia a que está concorrido por locais e turistas, os postos foron pechando sen atopar remuda.

"Esa remuda xeracional que precisamos na cadea mar-industria esténdese tamén ás peixerías e aos mercados locais. Queremos que sexa tamén un punto preparado para os emprendedores que queiran facer da venda de peixe o seu futuro", declarou Marta Villaverde, a conselleira do Mar. 

Por isto esta parte de abaixo do mercado municipal acaba de ser reformada para facer un mercado mariñeiro máis atractivo para os vendedores.

"Se non isto acábase. Isto está novo e con boas condicións, e podía vir máis xente, porque ao final onde hai máis postos hai máis clientes", explica Ismael Romero, de Pescados Fin da Terra, o único posto que queda aberto no mercado.

"A idea é que se animen para seguir explotando estes postos, e desde aquí animámolos a que lle dean vida a este mercado", apunta Begoña Vidal, técnico do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro 

O proxecto de remodelación forma parte da estratexia de desenvolvemento local participativo que programa os investimentos tras escoitar as necesidades de cada territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade