Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello de Ourense aproba unha tarifa de 7 euros na terma das Burgas e propón pagar noutras

O Concello de Ourense aproba unha tarifa de 7 euros na terma das Burgas e propón pagar noutras

O pleno do Concello aprobou inicialmente a ordenanza para comezar o cobro cando abran as instalacións

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou tamén a súa intención por cobrar nas termas públicas agora gratuítas

A instalación da terma situada nas Burgas está pechada desde 2020
G24.gal 20/10/2026 14:32

Sete euros por entrar na terma das Burgas cando reabra. Situada no corazón de Ourense, a instalación leva pechada desde o ano 2020. Agora o Concello de Ourense, cos votos de Democracia Ourensana e o PP, aprobaron inicialmente a tarifa. 

Haberá un bono e rebaixa para determinados colectivos. Pero Jácome anunciou que tamén quere cobrar polas termas gratuítas de Outariz e do Muíño da Veiga. 

A intención de cobrar por acceder ás termas públicas non convence a todo o mundo, pero hai visitantes e veciños que aceptarían unha tarifa económica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar