Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gran afluencia de turistas na reapertura da Chavasqueira

Gran afluencia de turistas na reapertura da Chavasqueira

No segundo día de apertura, as termas da Chavasqueira enchéronse de xente que combina as visitas turísticas coa relaxación da auga termal

G24.gal 02/04/2026 19:55

Equipados como para un día de praia, os turistas chegan ás termas da Chavasqueira en tropel. Cheo absoluto no segundo día de apertura ao público tras o peche invernal.

"Eu son da provincia da Coruña pero veño desde Tenerife para gozar destas augas marabillosas". "Un pouco de turismo e atopámonos con este verxel, unha auténtica marabilla", comentan dous usuarios.

O día non podía estar mellor. Sol, boa temperatura exterior e aínda mellor dentro da auga.

"Estas termas alongan a vida", asegura un usuario.

O portugués é o acento que predomina. De Coímbra, de Cantanhede, de Porto...

Algúns chegaron a Ourense seguindo o mapa meteorolóxico, á procura dun sol escaso noutros destinos. "Vimos de Asturias, que fixo moi mal inverno, frío, auga... vimos secar un pouco".

A secar e a repoñer baterías tras o crú inverno das borrascas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade