Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ponte Caldelas abrirá o novo parque termal a finais deste ano

Ponte Caldelas abrirá o novo parque termal a finais deste ano

Alfonso Rueda reafirma con este proxecto o compromiso da Xunta co turismo termal 

O parque situado ao carón do río Verdugo, contará con cinco pozas que aproveitarán os antigos mananciais

G24.gal 21/03/2026 17:13

Ponte Caldelas resucita o pasado que lle dá nome á vila. Ao carón do río Verdugo, no espazo que ocupou no seu día un balneario, haberá un parque termal, con cinco pozas que aproveitarán os antigos mananciais, e un novo espazo verde para veciños e atraer un turista que cada vez busca máis destinos de experiencias.

"Cada vez a xente vai facer máis turismo de saúde, cada vez vai buscar máis instalacións deste tipo que están moi ben deseñadas e son modernas. Recollen todo o tradicional de lugares que tiveron moita vida" afirmou Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia. 

Devolverlle vida tamén con eventos culturais que prevén organizar na capela que se rehabilitará dentro deste proxecto, que busca tamén desestacionalizar o turismo no rural.

"Darlle unha oportunidade os sitios máis pequenos para que teñan visitantes de calidade todo o ano. Esta é unha insalación que se pode utilizar practicamente todo o ano. Hai a xente que lle gusta moito gozar con mal tempo deste tipo de instalacións", engadiu Alfoso Rueda. 

Este parque é unha das iniciativas do plan termal da Xunta, dotado con 10 millóns de euros. O orzamento do de Ponte Caldelas é case dun millón e medio de euros, en colaboración coa Deputación e o concello.

Galicia é a segunda rexión europea con maiores reservas de augas minerais e medicinais e concentra o 20% da oferta termal de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos