Publicador de contidos

Publicador de contidos

As termas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga pechan a próxima semana ata a primavera polas enchentes do Miño

As termas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga pechan a próxima semana ata a primavera polas enchentes do Miño

G24.gal 14/11/2025 14:22

Nin a chuvia nin a baixa nas temperaturas botou para atrás os bañistas na Chavasqueira, malia saber que o nivel do río podería xogarlles unha mala pasada.

"Dixéronnos que igual xa estaban cubertas, que se asolagan se sobe moito o río, pero mira, tivemos sorte!".

Coa última chuvia aumentou o nivel do Miño ao seu paso por Ourense. E en previsión de que puidera cubrir as termas, o Concello pecha a partir do luns a Chavasqueira e o Muíño da Veiga.

"O ano pasado pasou iso, pero facemos un paseo e imos a Outariz".

As de Outariz, tamén públicas non pechan, así que son unha das alternativas preferidas polos usuarios.

"Unha vez que as pechan, vimos a Outariz porque son as únicas públicas que quedan".

"Temos as de Canedo, que o río non chega, e temos tamén as de pago que non son caras, son baratas, non chega a cinco euros. Tamén se pode ir e é moi barato, non hai problema. Aquí en España todo é bo".

"Aquí non se poderá vir, pero haberá que buscar outra alternativa".

Pero non todos os usuarios están de acordo con este peche, especialmente os que visitan as termas acotío.

"Unha cousa é que se pechen o día que sobe o río, pero o río non vai sempre co caudal alto. Cando o caudal está baixo deberían estar abertas".

"Non ides deixar de vir por isto? Claro que non, por suposto".

E sen esquecer que quedan outras propostas termais na cidade.

"Hai que probar a Chavasqueira, que abriron o outro día as novas termas e haberá que mirar a ver como quedaron".

As termas da Chavasqueira e o Muíño da Veiga permanecerán pechadas ata a primavera que será cando volvan acoller todos os visitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade