Publicador de contidos

Publicador de contidos

As enchentes dos ríos Belelle e Basteiro manteñen en alerta os veciños de Neda

As enchentes dos ríos Belelle e Basteiro manteñen en alerta os veciños de Neda

Houbo inundacións en vivendas e estradas de varios puntos da comarca de Ferrolterra

G24.gal 17/02/2026 14:50

As enchentes das últimas horas provocaron inundacións en distintos puntos da comarca de Ferrol. É o caso de Neda onde a auga do Belelle chegou a entrar nas vivendas.

"Entrou a auga na adega. Mollouse todo pero son só danos materiais", contan os veciños.

Toca botar contas. Araceli respira tranquila despois dunhas horas complicadas en que chegou a temer pola súa casa.

"Pasei moito medo porque o río desbordouse por completo", explica Araceli.

Coma Araceli, tamén Nelson pasou unhas horas complicadas.

"Erguinme cedo e xa vin que auga chegaba á porta".

Coa axuda dos veciños foi levantando barreiras para evitar que a auga anegase a vivenda. Hoxe fai reconto dos danos.

"Perdín a vitrocerámica e a lavalouzas. A neveira polo momento aguanta".

E é que foron moitas horas sen deixar de chover na comarca de Ferrol.

"Foi terrible. Foron practicamente 24 horas continuas enriba da auga que levamos soportando mes e medio", di unha veciña.

Con todo, as obras que se están realizando para evitar os desbordamentos dos ríos Belelle e Basteiro que conflúen neste punto de Neda evitaron que a situación se complicara.

"Algo fixo. Notouse aquí arriba na presa. Están facendo un muro e nótase", explica un veciño.

En Ferrolterra preocupa agora a situación dos rios Cádavo, en Fene e o Xuvia en San Sadurniño, os dous en nivel laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade