Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vieites: "O proxecto de SAIC sitúa Galicia como un polo industrial do automóbil a nivel europeo"

Vieites: "O proxecto de SAIC sitúa Galicia como un polo industrial do automóbil a nivel europeo"

O presidente dos empresarios pide "axilidade" para evitar que a "hiperregulación e a burocracia" free este tipo de proxectos

A Xunta acelera os trámites para que a fábrica de SAIC estea operativa en 2028

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, este martes nunha entrevista no 'Bos días'
G24.gal 02/06/2026 10:00

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia considera unha noticia "moi relevante" para a nosa comunidade o proxecto da multinacional chinesa SAIC de instalar unha fábrica de automóbiles en Ferrol e nas Pontes. Segundo Juan Manuel Vieites, posiciona Ferrolterra e Galicia como un "polo industrial do automobil" non só a nivel do Estado, senón tamén a nivel europeo.

"Demostra que Galicia ten os vimbios para ser competitiva e converterse nun polo automobilítico importante, sobre todo cos coches eléctricos, onde Ferrolerra gañará moito nese sentido", explica.

A intención da multiacional é que a fábrica estea operativa en 2028. Vieites Salienta a importancia de que a Xunta o declarara como un Proxecto Industrial Estratéxico e pide axilidade, para evitar que a "hiperregulación e a burocarcia freen proxectos coma estes, como xa ocorreu no pasado".

O presidente da patronal gaba a colaboación entre a Xunta e o Goberno central neste proxecto. "A colaboración entre as administracións é fundamental para chegar a bo termo", explica.

Segundo dixo, o desembarco de SAIC axudará a dinamizar a comarca de Ferrolterra coa creación de 2.300 postos de traballo, a metade directos e o resto da industria auxiliar, e servirá de pulo para a posta en marcha doutros proxectos industriais en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade