Cargando resultados...
Deteñen dous homes en Viana do Bolo con 200 gr de cocaína e outras drogas
Os detidos son un home italiano de 31 anos e un veciño de Madrid de 32
G24.gal
05/10/2026 17:01
A Garda Civil detivo en Viana do Bolo dous homes aos que lles incautaron diferentes substancias estupefacientes.
Segundo informou o Instituto Armado, os detidos son un home italiano de 31 anos e un veciño de Madrid de 32 anos.
Os dous foron interceptados cando circulaban nun vehículo polo quilómetro 9,5 da estrada OU-533.
Durante a intervención, os axentes incautaron 33 gramos de MDMA, 28 gramos de haxix, 76 pastillas de MDMA, catro gramos de pole de haxix e 196 gramos de cocaína.