Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lorenzana salienta o compromiso de SAIC de fabricar en Galicia a metade dos compoñentes

Lorenzana salienta o compromiso de SAIC de fabricar en Galicia a metade dos compoñentes

Segundo a conselleira de Economía, o proxecto fará da nosa comunidade "unha das rexións máis potentes no sector da automoción"

A titular de Industria confía en que permita atraer novos investimentos e colocarnos "noutra liga industrial" a nivel internacional

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, este luns nunha entrevista no 'Bos días' da TVG
G24.gal 08/06/2026 10:09

A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, asegura que o proxecto de SAIC "suporá un antes e un despois" para a comarca de Ferrolterra e un "revulsivo" para toda a industria galega.

Nunha entrevista no Bos días, Lorenzana explicou os plans da multinacional e as razóns polas que o grupo chinés escolleu o noso territorio para instalar a súa primeira factoría en Europa e salientou que representará "o maior investimento estranxeiro no que vai de século na nosa comunidade autónoma.

A metade dos compoñentes fabricaranse en Galicia

O grupo instalará un nó loxístico industrial no porto exterior e centros tecnolóxicos e de servizo post venta a nivel europeo no municipio das Pontes.

O compromiso da empresa é que "a metade dos compoñentes sexan fabricados aquí", polo que suporá un pulo para os provedores locais, que terán que incrementar a súa produción, segundo a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana.

Segundo Lorenzana, a empresa barallaba outros empramentos tanto en España como noutros países europeos pero decantouse por Galicia pola "situacion loxística do porto exterior de Ferrol, o grao de especialización da industria da automoción galega e o "acompañamento" que o Goberno fixo aos investidores en todo este proceso.

A xuízo de Lorenzana, o proxecto de SAIC fará da nosa comunidade unha das rexións máis potentes no sector da automoción", permitirá atraer novos investimentos e colocará Galicia "noutra liga industrial" a nivel internacional.

A conselleira pide deixar a un lado os intereses partidistas e as "visións negacionistas" vertidas desde algúns sectores e fai un chamamento para aunar esforzos para conseguir o desenvolvemento industrial de Galicia.

"Non é unha cuestión de partidos políticos", afirma "fronte a ese pesimismo de que Galicia non pode competir con outras industrias nin compabitilizar o seu territorio co desenvolvemento industrial, eu chamo a unha visión optimista dunha Galicia que pode, unha Galicia moderna e unha Galicia que pode atraer investimentos á nosa comundiade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade