Publicador de contidos

Publicador de contidos

Axentes da Garda Civil de Lugo salvan a vida a un neno de 2 anos que se atragoou

Axentes da Garda Civil de Lugo salvan a vida a un neno de 2 anos que se atragoou

O menor recuperou a consciencia tras realizarlle as manobras de primeiros auxilios 

G24.gal 19/02/2026 17:18

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes un menor de dous anos que presentaba síntomas compatibles cun atragoamento. Os feitos, segundo informou o Instituto Armado, ocorreron durante a tarde do martes de Entroido.

Os axentes, que prestaban servizo de seguridade no cuartel, observaron como un neno era trasladado rapidamente en brazos polo seu pai. Tras comprobar que o pequeno se atopaba inconsciente e non respiraba, comezaron a realizarlle o procedemento de primeiros auxilios.

Pasados uns minutos e despois de acometer manobras de desobstrucción das vías respiratorias, conseguiron que o menor comezase a respirar e recuperase a consciencia.

Posteriormente, unha ambulancia trasladou o neno ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para unha avaliación médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade