Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso atropelo en Bergondo dun mozo que conducía un patinete eléctrico

Aparatoso atropelo en Bergondo dun mozo que conducía un patinete eléctrico

Quedou atrapado entre a cuneta e o coche e tardaron máis dunha hora en conseguir liberalo 

O mozo sufriu feridas leves 

G24.gal 18/02/2026 16:13

O sinistro ocorreu nunha pista da parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo, na tarde deste martes cando un vehículo atropelou por detrás a un mozo que conducía un patinete eléctrico.

"O pulso e toda a man rota, teño as pernas mazadas, puxéronme grampas nunha das pernas e o pescozo..., dóeme moitísimo, a cadeira tamén", así describía Juan as secuelas do accidente.

"Cando me colleu por detrás, porque me deu por detrás, conseguín subir ao capó. Non me agarrei ben de todo, tiven o pé, que se me meteu dentro da roda, apoiado na matrícula. E esvarei, díxenlle que parase, que parase. Non sei se se puxo nervioso. O coche lanzoume contra unha cuneta que había abaixo", engadiu.

Despois do accidente foi unha veciña a que avisou os servizos de emerxencias. Ata o lugar acudiron efectivos de urxencias sanitarias, Protección Civil, a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Betanzos, que liberaron o afectado nunha intervención de máis dunha hora de duración.

​​​​Unha vez foi liberado de debaixo do coche, Juan foi trasladado ao CHUAC, onde quedou ingresado ata recibir a alta este mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade