Publicador de contidos

Publicador de contidos

A valía dos guías turísticos para visitar o noso patrimonio con coñecemento

A valía dos guías turísticos para visitar o noso patrimonio con coñecemento

Durante esta xornada as visitas guiadas son de balde para que os visitantes poidan coñecer o seu traballo

Reivindican a profesionalidade dos guías titulados e o rigor do seu traballo

G24.gal 21/02/2026 14:32

Ao mediodía arrincou, na praza das Praterías, a primeira visita guiada gratuíta que se celebra en Santiago. Silvia conduce un grupo de visitantes aos que lles explica a contorna da Catedral, contextualiza a historia, fala das lendas e tradicións e amosa recunchos nos que non reparariamos se non fose por ela. 

"O que agardan dunha visita guiada é que lles fales moito de historia. Nós mesturamos historia, con un pouco de lendas, de curiosidades da cidade que sempre fan máis amena a visita e é o que lles deixa bo sabor de boca a eles", asegura Silvia Suárez, guía de Santiago

"Eu estudei Historia e agora estudo Historia da Arte e estame parecendo moi interesante. Son de Vigo e vin a Santiago porque hai tanta historia, con tantos detalles que hai moitas cousas que non coñecía", di un dos visitantes

O seu paraugas amarelo, da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, é unha garantía de que o seu é un traballo cualificado.

"A profesionalidade é unha máxima. E ter rigorosidade sempre, aínda que fales de lendas ou curiosidades ten que haber rigorosidade, non contar por contar, que todo teña unha base e o que che estou contado agora ten que levarte ao que che amose despois. Todo está relacionado", explica Silvia Suárez

As visitas gratuítas continúan durante a tarde.

"Ás cinco repetimos en Santiago a ruta de "Compostela contada" e "Lendas de Compostela". Desa hora tamén temos Padrón, Ourense e Lugo", di Xosé Manuel Calvo, guía de turismo de Santiago

Reivindican o seu papel como embaixadores do territorio e as visitas como unha experiencia que enriquece a percepción da nosa cultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade