Cargando resultados...
As aeroliñas advirten de que a suba das taxas aéreas terá efectos sobre o prezo dos billetes
Aena planea subir as taxas aeroportuarias case un 5 % en cinco anos
G24.gal
19/02/2026 15:03
A aeroliñas piden unha rebaixa das taxas aéreas. Din que Aena quere subilas case un 5 % en cinco anos para acometer as obras previstas nos aeroportos. Advirten de que esta decisión terá consecuencias no prezo dos billetes.
"O transporte aéreo democratizouse nos últimos 30 anos. Se seguen eses incrementos, o risco é que deixe de ser alcanzable voar e que volva estar ao alcance de moi poucos", asegura Javier Gándara, presidente da Asociación de Liñas Aéreas.