Unha gata de Portonovo, influencer nas redes
Con preto de seis anos, é unha icona de beleza no mundo das mascotas
A gata Sorbi conta co seu propio perfil nas redes sociais e mesmo traballa para unha axencia de publicidade
Coma unha modelo na pasarela, Sorbi percorre a varanda da praia de Caneliñas, en Portonovo, da man da súa coidadora. Nada máis chegar atopou un oco na vila. Tanto que foi protagonista do cartel da Festa do Jato varios anos.
"Cando era pequeniña levábaa no hombreiro e todo o mundo lle falaba. Os que organizan a festa do jato son amigos meus e escollérona como protagonista", explica Yesika Aguín, dona da gata.
Sorbi, que debe os seu nome á canción 'Con un sorbito de champán', a preferida da avoa de Yessika, conta co seu propio perfil nas redes sociais. "Estaba eu de bauixa e unha amiga díxome que lle fixese unha conta e fíxena. Oxalá fose influencer, pero aínda lle queda", rememora Yesika. E de aí mesmo lle saíron algúns traballos.
A gata vive entre Portonovo e Barcelona cos seus coidadores, desfrutando dos mecos que recibe e que agora comparte con outra gatiña na casa.