Investigan a aparición de milleiros de troitas mortas no río Asneiros, en Dozón
Descoñécense as causas, pero non se descarta que poida tratarse dun feito intencionado
Un pescador alertou da presenza dos peixes mortos o sábado pasado no treito do río Asneiro entre a Tosta de Mularedo e Pozo Negro. Calculan que morreron milleiros de troitas."Troitas eu creo que milleiros porque onte viñeron os axentes a collelas e nun tramo de 300 ou 400 metros traían unhas 300 ou 400", di José Rodríguez, presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Dozón.
Descoñécense as causas, pero non se descarta que poida tratarse dun feito intencionado."Non hai prados nin xeito de acceder e non se ve ningún tipo de vertedura. Hai que ser prudentes, a ver que din os axentes, pero todo apunta a que foi algo intencionado para a venda ilegal ou a saber para que"
A hipótese deberá ser confirmada ou descartada polas análises que realizaron no lugar dos feitos. O que si está claro é da gravidade dos danos."Isto é de pena porque vir andando polo río e ver centos de troitas mortas en todas as esquinas é unha pena"
Contan con que a zona afectada tarde anos en recuperarse.