Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salvar da extinción o sapoconcho galego

Salvar da extinción o sapoconcho galego

Só a área do río Arnoia, en Ourense, e as Gándaras de Budiño, en Pontevedra, conservan as características para ser refuxio desde réptil que leva anos en retroceso

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo lidera un proxecto de reintrodución da especie no Parque Natural das Dunas de Corrubedo

G24.gal 06/07/2026 12:31

Ni son tartarugas mariñas nin os quelonios pequenos dalgunha especie americana que algúns teñen como mascota. Case ninguén coñece xa nin puido observar nunca a nosa tartaruga autóctona. Porque o sapoconcho é hoxe o réptil máis ameazado de Galicia. Quedan só un par de centos de exemplares. Pero en Corrubedo, no parque natural, traballan na súa reintrodución. 

Os saponchos son moi vulnerables, especialmente sensibles á contaminación. Teñen a pel negra, riscada de amarelo. E cada un, un debuxo diferente no plastrón, que é como a súa pegada dactilar. 

A reintrodución da especie Emys orbicularis en Corrubedo requiriu un seguimento individualizado de cada exemplar, do que teñen mostras de ADN e todos os datos dixitalizados. 

"O sapoconcho é unha especie paraugas, especies con moita importancia ecolóxica porque a súa conservación implica a conservación do ecosistema", explica Guillermo Velo, Docente investigador da Universidade de Vigo".

A barreira da telleira de Olveira renexenouse nunha lagoa que hoxe acolle a nova colonia de sapoconhos A barreira da telleira de Olveira renexenouse nunha lagoa que hoxe acolle a nova colonia de sapoconhos

"O parque natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán ten charcas de auga doce, lagoas de auga salgada, marismas, praias, cordóns dunares, e toda esa variedade de hábitats, o cal significa que conviven moitas especies de flora e fauna moi singulares", declarou Antonio Rodríguez Fernández, o Xefe de Servizo de Parques Naturais da Consellería de Medio Ambiente. 

Hai xa 22 anos que ceibaron na zona da antiga telleira 20 animais acabados de nacer. Agora, os investigadores seguen detectando os ovos, pero despois case que non aparecen crías. Por iso, están a poñer na zona postas artificias para saber quen come os niños.

"Mesturamos a ouriña do sapoconcho nun niño con ovos de paspallás para ver se as cámaras de fototrampA detectan o depredador das postas, o animal que come os ovos, que adoita ser o raposo, o xabaríl ou o teixugo", cóntanos Guillermo Velo, docente investigador da Universidade de Vigo

Cómpre evitar a extición duns animais que moitos só coñeciamos polos contos dos avós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade