Cargando resultados...
Envorca un camión de porcos en Baltar
O condutor saíu do vehículo polos seus propios medios e está ileso
Algúns dos animais foron retirados e atópanse en propiedades dos veciños
Foto cedida por dendealimia.com
G24.gal
15/07/2026 14:04
Un camión de transporte de porcos envorcou este mércores a mediodía na OU-302, ao paso por Texós, no municipio ourensán de Baltar.
Segundo informa o 112 Galicia, o condutor saíu do vehículo polos seus propios medios e atópase ileso.
Foron avisados os Bombeiros de San Cibrao das Viñas, que solicitaron un guindastre especial para sacar os animais en condicións de seguridade.
Algúns dos porcos foron retirados e atópanse en propiedades dos veciños.